A Federación Galega de Baloncesto anunciou esta tarde a suspensión de todos os encontros das Ligas FGB e das Ligas Zonais que se deberían de disputar nesta xornada nos pavillóns da provincia de Lugo.
Do mesmo xeito, tamén se suspenden aqueles encontros das Ligas FGB que os equipos lucenses tivesen que disputar fóra da súa provincia.
A decisión vén motivada polo temporal de neve que azouta a nosa provincia nestes días causando riscos no transporte debido ao mal estado das estradas.



0 comentarios:
Publicar un comentario en la entrada